10 de novembro de 2008

Inversões

Jogos de meninos e de entrudos que tomaram a sério,
o ritual valor do ouro, lágrimas e sorrisos, fados de coração
e um fato inverso sem o tempo eterno e sem o som
e a tristeza toda de ser menina e não saber,
actriz de dia, dançarina, foto em cor, fora da cor,
daltónica de sonhos e o amor de jogar feliz vida
com cartas sacerdotais... sob o véu...
rapariga de rua abandonada, pecado no pecado,
papel no seu papel e silêncio fino,
de rio baixo e olhar a olhar
e o abraço com braço formal,
aliança em madeira,
carpinteiro de seda,
valses a valsar...
so queria dançar...

8 comentários:

Corpos que Sonham disse...

Gosto de tocar os poemas e non só cheiralos. Con algúns, como inversoes, a tentación é maior pois coa vista só, non enxergo: pode que o poema non teña cores, pode que provoque daltonismo.

Quixera tocar mas temo romper algo, quizáis a danzarina de vals, a porcelana que dá voltas sobre a caixa de música.

Istes dous argumentos, tentación e temor, me sirven para entrar a saudarche.

Un beixo.

Iolanda Aldrei disse...

Obrigada pelo saudo... como unimos opostos, como somos finalmente ese bicho, o homo dizem que sapiens e sentimos com estructuras binárias, tentar e temer... mas sim, a todos acontece. Tenta-me muito cheirar também os poemas, toca-los, e as palavras... Cheiro nas tuas palavras, toco... nem vejo... mas imagino: melhor ver ou imaginar?
Um beijo

Iolanda

Corpos que Sonham disse...

Aquí estava usando ver como equivalente do imaxinar. Mas quizáis sexa boa ideia facermos unha discriminación.

De modo que eu diría que ver é o que se entende habitualmente por imaxinar, no sentido máis estático de percever formas.

E imaxinar sería máis procesual: un ver enxergando, unha visión do sentido facéndose forma.

Mellor imaxinar, ¿non? Cando o sentido se deixa querer ...

Iolanda Aldrei disse...

Quiça...

E melhor ver os beijos, tocar, cheirar ou... imaginar os beijos?

Corpos que Sonham disse...

No sentido do meu anterior comentario, por suposto que os imaxinados.

Mas acho que a tua pregunta vai por outro lado ... acho que é mellor un beixo con sentido, imaxinado, que un beixo sen sentido, realizado. Sempre e cando contemos cunha imaxinación potente. Claro que nese suposto, me poderías dicer, que se podería trocar o beixo realizado a un con sentido.

Pode.

Iolanda Aldrei disse...

Vaia... filósofo tinhas que ser... e eu... apenas meiga...
E o Grial?

Corpos que Sonham disse...

Pois fíxate: é tal a presión da imaxinación por se encarnar que son dúcias os lugares do mundo onde podemos ver o auténtico Grial; un deles perto, no Cebreiro.

Faime ilusión que me imaxines filósofo. Así me imaxino eu tamén ás veces, como Rei filósofo ou Corazón de León.

Beixo

Iolanda Aldrei disse...

Sim...o Cebreiro... mas o Grial, como o Remador... fim no início e búsqueda... O rei filósofo... da Inglaterra ou de Avalon?
Um sorriso

Iolanda